VALGA> A Escola Municipal de Valga cumpre unha labor moi importante coidando dos máis pequenos do municipio. Coñecedores de esa premisa dende a dirección da mesma van un pouco máis alá e promoven entre os pais e coñecidos dos alumnos numerosas actividades solidarias coas que recadar cartos para diferentes accións.
A investigación contra o cancro ou a necesidade dun desfibrilador para as súas instalacións, son só as dúas máis recentes campañas nas que participan dende esta pequena Escola Municipal Infantil de Valga.
Durante o mes de outubro o centro recadou uns 244 euros cun mercadiño benéfico que foron destinados a Asociación Española Contra o Cancro. Unha acción solidaria que dende a entidade recoñeceron hai unha semana outorgando un diploma.
Os días pasan e dentro de estas catro paredes non colle nin máis alegría nin máis solidariedade así que xa se está a traballar na nova campaña que permitirá comprar un desfibrilador para o edificio. Ademais a súa directora ten unha petición para conseguir unha maior notoriedade e alcanzar obxectivo.
Paraugas, camisetas, pulseiras, gafas de sol ou gorras… todo é pouco comparado coa mobilización social que se consegue dende esta escola de Valga na que actualmente participan a parte das 8 profesoras uns 70 pequenos xigantes.