Galinfancia abre mañá con inchables, obradoiros e actividades deportivas

GALINFANCIA.jpg VILAGARCÍA> Estará aberto ata o venres de 16.00 a 21.00. A entrada será gratis para os adultos e de 3 euros para os menores de 18 anos.

Mañá arrinca no recinto feiral de Fexdega Galinfancia 2011, un espazo de xogos e lecer para que os máis cativos de Vilagarcía e a comarca da Arousa gocen durante estas vacacións de Nadal. Esta tarde traballábase xa arreo na instalación de inchables e material deportivo para que mañá, ás catro da tarde, todo estea a punto. Ademais dos inchables, os rapaces que se acheguen a Galinfancia poderán participar en obradoiros de maquillaxe, globoflexia e pintura. Tamén haberá oco para a práctica deportiva, xa que se está a instalar unha pista de bádminton, un nimi campo de fútbol, varias mesas de ping pong e un posto para aprender a practicar golf. A entrada ó recinto será de tres euros para os menores de 18 anos e gratis para os adultos. Galinfancia estará aberto desde mañá ata o venres en horario de catro da tarde a nove da noite.

Redacción Salnés