VILAGARCÍA> Vilagarcía en Negro volve a vila para conmemorar o Día Contra a Violencia de Machista. Este venres, presentouse no consistorio o programa de actividades para celebrar este día entre os que destaca a manifestación e lectura do manifesto o vindeiro domingo 25 de novembro, no centro da vila.
O vindeiro 25 de novembro será o Día Contra a Violencia Machista. Dende Ravella súmanse a campaña Vilagarcía en Negro que se presentou esta mañá no concello da vila, e onde a concelleira de Igualdade estivo acompañada de persoal do Centro de Información a Muller, entre outros.
A directora do CIM da localidade explicou en que vai a consistir a campaña que segue a estela da organizada no 2017, e na que fixo unha especial chamada aos comerciantes e locais de hostalería a que se sumen a esta iniciativa.
Camisetas, carteis, vallas publicitarias nas principais entradas da cidade, pasos de peóns reivindicativos ou as traseiras dos autobuses, son tan só unha parte importante da campaña. A parte da difusión tamén haberá un coidado programa de actividades os que destacan as actividades cos coles e a manifestación do 25N.
A marcha do día 25 rematará na Praza de Galicia, emprazamento do que partirá a unha da tarde. A rúa encherase de mitos sobre a violencia de xénero durante os vindeiros días para concienciar a cidadanía sobre esta lacra que nos afecta a todos.