Un exceso de confianza puido ser a causa do accidente mortal no porto

    accidenteporto copia.jpg VILAGARCÍA> O vilaxoanés Ramón Soto, patrón da lancha do práctico do porto, faleceu durante as manobras de guía dun portacontenedores.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_PORTO_FINDE_OK.flv{/flowplayer}

    Poucos son os detalles que se coñecen sobre o accidente marítimo acontecido na noite do venres ó sábado e no que falecía o vilaxoanés Ramón Soto Mariño, alias ‘Pimienta’. Pasaban das once da noite cando o buque portacontenedores ‘Nordic Stani’, procedente de Bilbao, solicitaba asistencia para entrar no porto de Vilagarcía. Como marca o protocolo, ó seu alcance saíu unha lancha do práctico patroneada por Ramón Soto xunto ó mariñeiro Eugenio Martínez para guiar á embarcación na entrada e amarre a porto, e tras el o remolcador. Do que aconteceu na manobra, similar á que están vendo, nada se sabe. O certo é que cando os tripulantes do remolcador se achegaron ó buque decatáronse de que a lancha do práctico vagaba sen ocupantes. Foron eles os que deron a voz de alarma e iniciaron as labores de rescate.

    O falecemento de Ramón Soto conmocionou a toda a parroquia de Vilaxoán, sobre todo porque era unha persoa moi experimentada e o accidente tivo lugar nunha manobra rutinaria.

    Tanto o tripulante que acompañaba a Soto coma o ocupante do remolcador que resultou ferido recibiron xa a alta médica. O sinistro está a ser investigado e atópase baixo segredo sumarial. Entre as hipóteses que se barallan están a de que pola propia forza de atracción do portacontenedores ou a ondaxe que xera, a lancha se desestabilizara e acabase batendo contra o buque. A testemuña prestada polo sobrevivinte será crucial para esclarecer o acontecido.

    Redacción Salnés