Doce uvas para recibir o 2012 doce horas antes de que comece o ano

    uvas11ravella copia.jpg VILAGARCÍA> A Festa das Uvas celebrarase o sábado a partir das once da mañá na praza de Ravella. Ademais das badaladas, uvas e champaña haberá música e baile.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTA_UVAS_2011.flv{/flowplayer}

    En concreto 350 quilos de uvas e 400 botellas de cava serán os que se repartan este sábado entre todos aqueles que se animen a recibir o 2012 doce horas antes do remate oficial do ano. No concello xa teñen todo a punto. Hai días que comezaron a revisar o reloxo encargado de marcar as badaladas e a animación musical para amenizar a xornada tamén está pechada. A entrega das uvas e o cava comezará as once da mañá. Haberá dispoñibles tres puntos de reparto no entorno da praza de Ravella. Media hora despois comezará a sesión de música a cargo da DJ vilagarciá Elena Barral.

    DJ Barral encargarase de amenizar a festa ata a unha da tarde. Xunto a ela está a traballar o grupo de animación Nydia, que ten preparados varios ‘flash moves’, coreografías para que tódolos asistentes se sumen ó baile.

    O grupo Gadisa patrocina esta festa das uvas, un evento que xa vai pola décimo segunda edición e que tamén conta coa colaboración de Zona Aberta. A asociación encargarase do reparto das uvas e cava xunto ó colectivo xuvenil Trincadeira, mentres que Pirotecnia Penide cederá as doce bombas de palenque que soarán tralas badaladas.

    Para facilitar a celebración da festa, a Policía Local pechará o tráfico na rúa Juan Carlos I desde as once e media da mañá e restablecerase ó redor da unha menos cuarto.

    Redacción Salnés