O PSOE de Vilanova insiste en que Tourís minte no caso da recalificación en Tremoedo

    VILANOVA > Continúa o cruce de acusacións entre o PSOE de Vilanova e o concelleiro do PP Javier Tourís, ó que acusan de estar implicado nunha recalificación ilegal de terreos en Tremoedo. Os socialistas vilanoveses consideran que o edil popular mentíu na súa comparecencia ante os medios e critican ademais que tanto o alcalde como o voceiro do goberno local o deixasen só neste asunto.

    O PSOE de Vilanova considera patéticas as declaracións do concelleiro Javier Tourís entorno á polémica da recalificación de terreos en Tremoedo. O edil socialista Rodrigo Santiago considera ademais que Tourís foi abandonado á súa sorte polos seus xefes políticos, os irmáns Durán Hermida, o alcalde e o portavoz do goberno local. O PSOE asegura que o edil popular mentíu cando dixo que non vive da política e que as súas empresas non teñen intereses en Vilanova. Rodrigo Santiago lembra que Tourís percibe do concello de Vilanova 1.200 euros por media xornada de traballo. Afirma que sí existe conexión das súas empresas con Vilanova, a través dun socio, arquitecto, que opera urbanísticamente neste concello.

    En canto ás parcelas de 18 mil metros cadrados que tamén foron recalificadas e das que fixo referencia Javier Tourís, o PSOE di que o formato e terminoloxía lingüística son idénticas das usadas na a alegación feita polo veciño de Sevilla no caso de Tremoedo. Neste senso, os socialistas cren convinte que o Secretario municipal certifique unha garantía de que ambas alegacións non se fabricaron no concello. Rodrigo Santiago destaca sobre todo o distanciamento de Gonzalo e José Juan Durán neste asunto, cre que isto revela un medo aterrador a verse implicados.

    Redacción Salnés