A Copa Davis visita o Casino Mercantil de Pontevedra

PONTEVEDRA> O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e numerosos afeccionados, quixeron fotografiarse coa mítica Ensaladera, obtida polo combinado nacional hai un mes escaso en Sevilla, logo de vencer na final á Arxentina.

Se hai uns días era O Grove quen recibía a visita da Copa do Mundo e da Eurocopa gañadas pola selección española de futbol, hoxe tocoulle a Pontevedra albergar outro gran título colleitado polos deportsitas nacionais.

Trátase da Copa Davis, que facía chegada ó Casino Mercantil á unha da tarde. Ata alí desprazáronse numerosas autoridades, entre elas o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que non perderon a oportunidade para fotografiarse coa mítica Ensaladera, gañada ante a Arxentina hai escaso un mes nunha final celebrada en Sevilla.

A chegada da Davis á cidade do Lérez precede a celebración dun torneo de primeiro nivel internacional, o ITF de Pontevedra, que se celebrará no Casino Mercantil e Industrial do 1 ó 8 de xaneiro.

Redacción Salnés