A campaña de cocienciación coa recicalxe chega ao CPI Mosteiro e ao CEIP San Bartolmé de Vilanova

MEIS> As actividades de ensinanza e concienciación sobre a reciclaxe de Valoriza chegan ao CPI de Mosteiro e ao CEIP San Bartolmé de Vilanova. Os alumnos e alumnas de primaria e da ESO recibiron clase teóricas e practicas nas que aprenderon a importancia de reciclar e boa maneira de facelo. No caso de Meis, o concello busca con esta actividade concienciar aos máis pequenos, mellorar o coidado do medio ambiente a aforrar cartos na recollida do lixo.

A empresa Valoriza continúa coa súa campaña de concienciación nos centros escolares e nos clubs deportivos de Meis, Vilanova e Cambados. A súas actividades chegaron este martes ao CPI de Mosteiro e ao CEIP San Bartolomé de Vilanova. A campaña busca concienciar aos máis pequenos da importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.

A actividade nos centros escolares conta de dúas partes, unha teórica e outra prácticas.

O obxectivo é que os máis pequenos tomen conciencia da importancia da reciclaxe e da boa maneira de facelo, deste xeito axudarán nas súas casas a votar o menor lixo posible ao contedor verde.

Ademais da concienciación medio ambiental, a importancia da reciclaxe tamén se traduce en beneficios económicos, xa que canto menos lixo acabe no contedor verde, menos gastos terá o concello de Meis.