Mención honorífica a Zona Aberta nos Premios Nacionais de Comercio

    premiozonaaberta100 copia.jpg VILAGARCÍA> A distinción, concedida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, salienta no traballo dinamizador do comercio que realiza esta entidade.

    {flowplayer}images/salnes/MENCION_HONORIFICA_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, quixo agradecer este premio ó Ministerio e tamén a todas aquelas administracións que colaboran con eles nas súas campañas de dinamización, como a dirección xeral de Comercia da Xunta, á Deputación de Pontevedra, Novagalicia Banco e ó concello de Vilagarcía. Todos arrouparon á entidade na presentación deste recoñecemento que premia o traballo que levan facendo desde que naceu a entidade, alá polo 1994.

    Iniciativas coma desfiles na rúa, concursos de escaparates… actividades todas elas para divertir ós vilagarciáns e animalos a comprar no pequeno comercio. Para o alcalde da cidade, esta mención pode ser tamén un bo reclamo para que más establecementos do municipio decidan sumarse a Zona Aberta.

    Como destacou a presidenta da entidade, este non é o primeiro recoñecemento que recibe o colectivo polo traballo realizado. Xa no 2009 a Deputación de Pontevedra decidiu destacar a súa actividade dinamizadora concedéndolles o premio provincial das agrupacións de comerciantes.

    Redacción Salnés