![]()
MORAÑA> Deputación e Concello presentaron esta fin de semana o proxecto ós membros do club de fútbol local e ós veciños.
{flowplayer}images/salnes/campo_buelo_morana.flv{/flowplayer}
MORAÑA> Deputación e Concello presentaron esta fin de semana o proxecto ós membros do club de fútbol local e ós veciños.
O terreo de xogo actual dotarase de céspede artificial de última xeración e ademais construirase unha gradaría con capacidade para 360 persoas sentadas e vestiarios.
A Deputación financiará integramente o millón de euros que custará esta obra. O campo de O Buelo terá unhas dimensións de 100×60 metros cadrados e disporá de catro torres de iluminación, marcador e sistema de rego e drenaxe con canaletas para recollida de augas.
O proxecto recolle tamén o acondicionamento dunha explanada co obxecto de deixala prepara para actuacións futuras. O Concello ten previsto instalar alí unhas pistas de tenis e unha piscina.
Redacción Salnés










