Ribadumia gozou das diferentes elaboracións do pan co regreso da súa festa tradicional

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia recuperou este sábado a súa festa do pan. Un evento gastronómico para poñer en valor un produto tradicional como é o pan nas súas diferentes elaboracións. Centos de persoas achegáronse a gozar de esta festa que contou ademais con concursos, talleres infantís e unha exhibición da moenda e amasado nos muíños de Batán.

O concello de Ribadumia recuperou este sábado unha das súas citas máis tradicionais, a festa do pan. Un evento gastronómico no que se pon en valor o pan nas súas diferentes elaboracións.

A festa volveu a ser un éxito e ata Ribadumia se achegaron centos de persoas, incluíndo visitantes de fora da comarca. Ademais do pan tamén se poñen en valor outros produtos como as empanadas, os ovos fritos ou o viño tinto.

Ademais da degustación destes alimentos a festa inclúe concursos e talleres. Nestes eventos tamén participan os máis pequenos.

Outro evento clásico desta festa é a exhibición da moenda e amasado nos muíños de Batán.

Precisamente trala exhibición, a festa continúo na Carballeira con música a cargo do dúo Marema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí