Sampedro máis presente ca nunca no seu 14º cabodano

    homenaxesampedro2012100.jpgPORTO DO SON> O espírito de Ramón Sampedro volveu cobrar vida na praia das Furnas onde amigos e achegados rendéronlle unha homenaxe.

    {flowplayer}barbanza/homenaxesampedro2012.flv{/flowplayer}

    Ramón Sampedro dedicou case toda a súa vida a loitar por unha causa e converteu a súa morte nun exemplo sobre o dereito a morrer con dignidade. Por esta razón, veciños, amigos pero tamén persoas anónimas guiadas pola admiración a Ramón reuníronse como cada ano nos cantís das Furnas, para honrar a súa memoria. E que mellor maneira que a través da lectura dos textos escritos por el mesmo, nos que nunca deixou de reivindicar a súa causa.

    Casa da cultura

    Ademais do acto deste domingo, que concluíu coa tirada de flores ó mar, a homenaxe a Ramón adquiriu este ano un carácter aínda máis especial. E é que, a proposta dos seus veciños, a casa da cultura de Xuño, inaugurada o sábado, leva o seu nome.

    A través da placa que preside o novo edificio, a escultura que se colocou o pasado ano nas Furnas e a celebración deste tipo de actos no cabodano da súa morte, Porto do Son pretende manter viva a figura de Sampedro que marcou un fito na loita polo dereito individual a morrer dignamente.

    Redacción Barbanza