![]()
RIBEIRA> Os datos de descarga e facturación da lonxa de Ribeira ó longo de 2011 sitúana como a quinta máis importante de toda Galicia.
{flowplayer}barbanza/datoslonxaribeira.flv{/flowplayer}
A facturación da lonxa de Ribeira durante o pasado exercicio foi de máis de trinta e cinco millóns de euros, cunha descarga de vinte e dúas mil toneladas, unha cifra sensiblemente menor á acadada en 2010, pero que segue a manter á rula ribeirense como a quinta de toda Galicia.
Especies máis descargadas
Por especies, a xarda pintada foi a máis descargada preto de sete mil toneladas e unha facturación de sete millóns de euros. Séguena o xurelo e a sardiña que supuxeron 6’3 e 2’2 millóns de euros respectivamente.
Destaca o descenso nas descargas de especies como a ameixa ou o polbo aínda que se incrementou a súa cotización.
Consello Local
As causas destes resultados menores que en exercicios pasados residen, por unha banda, na limitación de cotas impostas dende Europa así como a prohibición de pescar algunhas especies. Esta situación vén a poñer de manifesto a necesidade de poñer a andar o Consello Local de Pesca, actualmente en fase de constitución.
Entre as medidas urxentes a aplicar polo futuro organismo destaca a mellora no sistema de comercialización dos produtos e a loita por unha maior representación do sector na negociación das políticas pesqueiras.
Redacción Barbanza










