Portos de Galicia inicia o asfaltado da Avenida das Carolinas en Ribeira

    RIBEIRA> Portos de Galicia iniciou esta mañá as obras de pavimentación do paseo das Carolinas en Ribeira. A actuación esténdese dende a rotonda que comunica coa avenida da Coruña ata o desvío ó parque García Bayón. Operarios da empresa Construcciones López Cao, que é a firma que executa as obras procedeu hoxe ó fresado da calzada co obxecto de estender posteriormente unha nova capa de aglomerado asfáltico. As obras complementan tamén as melloras realizadas no acceso á nova lonxa da localidade, coa construción dunha rotonda que servirá para canalizar a circulación no acceso á futura rula.