O BNG critica a falla de limpeza no casco urbano de Boiro

    BOIRO> O BNG de Boiro volve a poñer en tela de xuízo a falla de limpeza das rúas e das zonas onde se localizan os contedores de lixo no casco urbano. os nacionalistas din recoller o malestar de numerosos veciños e comerciantes que se queixan polos malos olores e a imaxe negativa que isto xenera para o concello. Un ano máis o BNG volve a criticar o deficiente servizo da recollida de lixo no municipio e a falla de limpeza en xeral das rúas do casco urbano. Tamén denuncian o estado dos contedores con numeroso lixo acumulado ó seu carón e o forte cheiro existente, que xa levantou as queixas de numerosos veciños e comerciantes por esta situación, xa que representa unha imaxe moi negativa para o Concello.