A tradicional feira cabalar será de novo un dos atractivos das festas de San Marcos

NOIA> Noia prepárase un ano máis para vivir unha das súas grandes festas, como é o San Marcos. A cita, para moitos ineludible no calendario festivo, desenvolverase do 25 ó 27 deste mes de abril.

O deseño da programación desta edición segue un esquema semellante ó de anos anteriores, mesturando todo tipo de actividades co gallo de satisfacer a tódolos públicos.

Pero sen dúbida, un dos principais atractivos destes festexos, o que realmente lle dá sona, é a feira cabalar, cun cento de cabalos participando nas distintas exhibicións e concursos, nos que se repartirán máis de catro mil euros en premios.

A música será tamén protagonista. Ós tradicionais concertos, no Curro, con La Gramola e Boomers, ou os de Black Black  e Suevia, sumaranselle tamén as tradicionais verbenas, este ano coas actuacións das orquestras Finisterre, New York ou Panorama City, esta última de estrea tamén na vila.

Como vén sendo habitual nos últimos anos a música tradicional será tamén protagonista o domingo coa Foliada e o Encontro de agrupacións na que tomarán parte máis de oito grupos tradicionais.