O concello de Ribeira renova a súa colaboración con 10 entidades sociais

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de renovar a súa colaboración coa entidades sociais do municipio. Esta mañá asinábanse os convenios cos representantes das dez organizacións beneficiarias, por un valor total de 34 mil euros.

Un a un, os dez representantes das 10 entidades sociais beneficiadas por esta liña de subvencións do concello de Ribeira foron asinando os convenios mediante os cales renovan a súa colaboración por un ano máis. A achega municipal supón un apoio para seguir a desenvolver o seu labor en distintos ámbitos da sociedade como a atención á discapacidade, colectivos vulnerables, menores ou mesmo prevención de condutas aditivas.

A alcaldesa quixo agradecer o labor destas dez entidades que traballan, de xeito desinteresado, en favor de colectivos vulnerables a través de programas de apoio, acompañamento.