José Porto imponse na inauguración do circuíto de Meis

MEIS> Na parroquia de San Lorenzo inaugurouse estes días un novo circuíto de automodelismo. Unha treintena de pilotos déronse cita nesta proba que servíulles de preparación para o inicio do Campionato Galego.

Unha treintena de pilotos déronse cita na inauguración deste circutio situado na parroquia de San Lorenzo, no concello de Meis. A súa construcción foi promovida polo club de recente creación OsdeNociñas Rc, encargado da organización deste evento.

As probas comezaron o sábado. Dende as 16:00 ata as 18:00 realizáronse as primeiras mangas de adestramentos cronometrados, que deron paso ás clasificatorias, xa o domingo pola mañá, ás 10:00, e as eliminatorias finais, que remataron a primeira hora da tarde.

Despois de tódalas carreiras o triunfo final foi para o gran favorito, o actual campión galego José Porto, que gañou por diante de Manuel Miranda. O piloto local e presidente do OsdeNociñas Rc, Victor Remiseiro, marcou os mellores tempos ata as semifinais, pero o seu coche non pasou as verificacións técnicas antes da disputa desas roldas decisivas e quedou descalificado e sen posibilidades de loitar polo triunfo.

Tras esta proba de inauguración para categoría 1/8 TTG, o circuíto OsdeNociñasRc recibirá o 4 de marzo a proba de campións de Galicia o e Provincial o 22 de xullo.

Redacción Salnés