SALNÉS> O Vilalonga volveu a merecer mellor sorte ante o Cerceda co que caeu por 1-0. Empate sen goles entre Bergantiños e Céltiga. Na Preferente Sur, balance tres victorias e dúas derrotas.
OVilalonga continúa sen levantar cabeza neste inicio de competición pese a deixar de novo unha gran imaxe no seu paso polo Roxo, onde perdeu co Cerceda pola mínima, 1-0. Os celestes tutearon ó gran favorito ó título durante os noventa minutos e só a falta de acerto de cara ó gol impedíulles traerse algo positivo. Aitor Díaz fixo o tanto local ós 23′.
Algo semellante pasoulle ó Céltiga ante o Bergantiños. Dispuxo do control do xogo e das ocasións pero non foron quen de materializalas polo que asinaron o seu segundo empate sen goles coma visitante.
O Vilalonga quédase en postos de descenso cun punto sumado de doce posibles, mentres que o Céltiga mantense na zona morna con cinco puntos. Este mércores hai xornada na Terceira, en San Pedro: Vilalonga-Cultural Areas (21:30 hrs.), e no Salvador Céltiga-Lalín (20:15 hrs.).
PREFERENTE SUR
Fíxose esperar catro semanas pero por fin chegou a victoria do Ribadumia. Non foi sinxelo ante un Tomiño que levou durante boa parte do encontro o ritmo de xogo, pero que non soubo materializar as ocasións de gol. Sí o fixeron os de Santi Serantes ós 23 minutos, nun dos primeiros achegamentos ó area rival. Sería Julio o que poría o 1-0, un tanto que lles deu tranquilidade para afrontar o resto do encontro. Puido chegar o segudno antes do descanso pero houbo que agardar ata o 85′ para ver a sentencia, cun gol de Ramón. O Ribadumia suma así catro puntos agora que lle serven para escapar dos postos de descenso nos que estaba sumido dende o inicio ligueiro.
Tamén gañou o Arousa a un Marín que non acaba de coller o ritmo. Os de Ricardo manteñen a segunda posición da xeral tras golear por 1-4, a domicilio. Del Barrio, Zaca, Samu e Pablo asinaron os tantos dos vilagarciáns que onte pasaron por San Pedro como un auténtico rodillo.
Victoria tamén para o Portonovo a domicilio, ante o pechacancelas Nogueira de Ramuín. Os de Rial deixaron o encontro visto para sentencia á media hora cando xa vencían por 0-2 con goles de César e Comesaña, marcador que xa non se movería. Xa son quintos na táboa.
As derrotas chegaron por parte do Cambados que caeu ante o Choco por 3-1 e o Sanxenxo, que perdeu en campo do Porriño por 1-0.
Redacción Salnés