A XVIII Baixada do Umia congregará a 200 padexeiros

RIBADUMIA> A Baixada do Río Umia celébrase este domingo. Unha competición na que participarán ó redor de 200 deportistas e que coma sempre está organizada polo Club Náutico o Muíño.

{flowplayer}images/salnes/piraguismo_120612.flv{/flowplayer} 

A Baixada do Río Umia chega á súa edición número 18 como un evento máis que consolidado. Douscentos deportistas tomarán parte nesta regata na que estarán representados 22 clubes de toda Galicia, entre eles o organzador, o Náutico O Muíño, que acude con 26 padexeiros. Non serán os anfitríóns os máis numerosos, xa que o Cidade de Pontevedra aporta 27.

A saída darase dende a Praia Fluvial de Portas, o domingo ás 17:00 e a meta estará colocada 14 quilómetros despois, no refuxio de pescadores de Cabanelas.

Como ven sendo habitual nos últimos anos, outorgaranse dous premios especiais. A meta volante José Ramón Serantes ‘Peke’ premiará ó primeiro K-1 home cadete que pase pola ponte de Baión, mentres que a José Manuel Torres ‘Iño’, colocada no quilómetro 10, premiará o primeiro C1 senior.

A organización agarda que a proba sexa un éxito. Ademais este ano, as condicións do río permiten ser optimistas en canto ó espectáculo deportivo que poderán presenciar os máis de 2.000 afeccionados que se agardan polo percorrido. 

Entre os participantes están presentes catro dos campións de 2011, que tentarán reter título. Como grandes favoritos á victoria absoluta parten Alberto Rodríguez e Antonio Palmas. Outro dos atractivos é a posible participación do campión olímpico Carlos Pérez Rial, se ben as súas opcións de victoria son reducidas.

Redacción Salnés