BOIRO> A praia de Carragueiros acollerá este sábado a sexta edición da Travesía a Nado Illa da Bensa que organiza o Club de Natación Boiro.
A proba, que forma parte tamén do Circuíto Galego de Augas Abertas, prevé a participación duns 150 nadadores pertencentes a clubs de toda Galicia.
A proba arrancará a partir das once e media da mañá e tres serán os percorridos previstos con distancias diferentes acordes a cada unha das categorías en competición.
Dende o Concello destacaron a importancia desta travesía, un clásico xa no calendario de eventos deportivos do verán no municipio.
Como en anos anteriores a proba contará co patrocinio de Jealsa.
Dende a empresa destacaron o traballo do Club e os éxitos colleitados ó longo dos últimos anos.











