![]()
MEIS> Este sábado celebrase o Segundo Campionato Concello de Meis de Supercross. As carreiras terán lugar no circuíto Caticovas, que o Motoclub Barrena2 ten na parroquia de San Vicente de Nogueira.
{flowplayer}images/salnes/010509_SUPERCROSS.flv{/flowplayer}
MEIS> Este sábado celebrase o Segundo Campionato Concello de Meis de Supercross. As carreiras terán lugar no circuíto Caticovas, que o Motoclub Barrena2 ten na parroquia de San Vicente de Nogueira, a partires das catro da tarde, malia que as motos comezarán a rodar nos adestramentos a partir das once da mañá.
Esta proba, puntuable para o campionato galego,contará con máis de 80 pilotos pertencentes á tódalas categorías, desde a alevín ata os veteráns; entre eles destacadas figuras do supercross galego. Entre os participantes só hai unha muller, Silvia Rivas, unha rapaza do Salnés de tan só 15 anos de idade, que é a única representante das féminas galegas para o campionato nacional. Silvia está contenta por competir na casa, nun circuíto que para ela é dos mellores do país.
A organización fai un chamamento a tódolos veciños da comarca para que acudan a ver este espectáculo de motos tan diferente dos deportes tradicionais no noso país.
Redacción Salnés








