O Arosa busca o seu punto de inflexión a costa do Marín

SALNÉS> Xornada importante na Preferente sobre todo para o Arosa, que precisa gañar tras catro semanas sen facelo. Tampouco deben permitirse un erro Céltiga e Ribadumia se é que queren seguir o forte ritmo imposto pola cabeza.

{flowplayer}images/salnes/preferente_100212.flv{/flowplayer}

Se o Arosa quere reengancharse á cabeza da táboa debe gañar esta fin de semana. Nas últimas sete xornadas os de Lino González tan só sumaron unha victoria, pobre bagaxe que lles fixo caer á sexta praza. Por diante terá un mes de competición no que se enfrontará a rivais máis propicios para sumar, antes de enlazar unha serie de duelos ante rivais directos. O primeiro escollo a superar, o Marín, un dos conxuntos máis irregulares do campionato. No Arosa non estarán neste partido, por sanción, Vichi e Ríos, aínda que si entrará na convocatoria, Álex Galdames, a última fichaxe realizada polo club.

Boas novas para o Céltiga que xoga na casa. E é que este ano o Salvador Otero está a ser un talismán para os de Núñez onde acadaron 26 puntos dos 30 posibles. O Mondariz chega á Illa en traxectoria ascendente e xa deixou moi boa imaxe hai quince días na Lomba ante o Arosa. Nos locais, Nacho volve á convocatoria mentres que Beni caese por sanción.

O Ribadumia defende o terceiro posto da táboa no campo do Barco, un equipo que tras sumar catro triunfos seguidos volveu a ser o de principio de temporada e reenganchouse á loita polo ascenso. Os da Senra, tamén en melloría, quererán seguir confirmándose como un dos equipos máis fortes do campionato a domicilio. Pablo Vázquez non poderá contar para este choque con Roi.

Redacción Salnés