Un cento de embarcacións disputarán este domingo a VI Bandeira Concello de Ribeira de Bateis

RIBEIRA> Unhas cen embarcacións sumando tódalas categorías de distintos clubs da provincia tomarán parte este domingo na sexta edición da Bandeira Concello de Ribeira de bateis.

A proba, incluída na Liga Galega, arrancará ás dez e media da mañá no porto da localidade.

A regata organizada polo Club de remo Ribeira conta co patrocinio e colaboración para o seu desenvolvemento do Concello.

O alcalde. Luís Pérez barral, destacou a importancia de seguir apostando por este tipo de competicións tan intimamente ligadas á nosa cultura marítima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí