A derrota do Arosa empaña a gran xornada dos equipos do Salnés

SALNÉS> Na Preferente vivíuse unha gran xornada para os equipos do Salnés. Tres victorias e tan só unha derrota. As boas novas viñeron por parte de Céltiga, Portonovo e Ribadumia, mentres que o Arosa comezou con mal pé deixando escapar tres puntos na casa ante o Verín.

{flowplayer}images/salnes/preferente_290811.flv{/flowplayer} 

Decepcionante inicio do Arosa que deixou escapar tres puntos ante o Verín (0-1). Os de Lino González levaron o peso do encontro pero estiveron lentos na circulación de balón, algo que favoreceu ós intereses visitantes, que defenderon en campo propio buscando unha contra. O único tanto do partido foi obra de Oli, ós 33 minutos. Os vilagarciáns buscaron o empate incluso logo de quedarse con dez pola expulsión de Vixo no minuto 65, pero o gol non chegaría.

Moito mellor fóronlle as cousas ó Céltiga que superou ó Ourense B (3-1) nun partido moi traballado. Janeiro abría o marcador ó transformar un penalti ó cuarto de hora pero Bruno reestablecía a igualada no minuto 36 cun gran gol de libre directo. Antes do descanso Juanito poñía de novo en vantaxe ós seus que na segunda parte pasaron por dificultades para manter a diferencia no marcador. Ata que a dez para o final Rubén colocou o 3-1 definitivo.

Triunfo importante do Ribadumia que impúxose por 0-2 ó Celanova con goles de Rober e Lozano, o primeiro ós dous minutos e o do defensa vilalbés no treito final do encontro. Os de Pablo Vázquez foron mellores que o seu rival durante todo o choque, mantendo a posesión de balón e xogando con fluidez.

A xornada abríuna o sábado o Portonovo que venceu na Xunqueira ó Pontevedra B, grazas ó solitario tanto de Fran Castaño a un cuarto de hora para o remate.

Redacción Salnés