Un programa semellante ó doutros anos, pero con menos premios

entroidovilla copia.jpg VILAGARCÍA> O concurso de desfiles e carrozas pasará de outorgar cinco a tres premios por categoría, mentres se manteñen bailes de disfraces e os Enterros da sardiña e o arenque.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_ENTROIDO_VILAGARCIA150212.flv{/flowplayer}

Os recortes chegan este ano ó Entroido Vilagarcián. A concellería de Cultura non meteu as tesoiras no número de actividades, que se mantén parello ó doutros anos, pero si no número dos premios que se entregarán tralo desfile de disfraces e carrozas do martes. Pasarán de cinco a tres galardóns por categoría. O máis suculento, o primeiro no apartado de grupos de adultos: seiscentos euros. O de menor contía, cen euros, para os terceiros clasificados nas categorías de individual ou parellas tanto adultas como infantís. Tamén se apretou o cinto no festival de comparsas deste domingo. Poderán participar un máximo de dez, e todas do municipio.

O vindeiro luns será o día do baile infantil na Praza da Peixería. A partir das cinco e media da tarde. O outro baile de Entroido celebrarase ó día seguinte tralo desfile de disfraces e carrozas, no que o xurado desvelará o nome dos premiados. Completan como sempre as propostas carnavalescas os enterros do arenque en Bamio e as sardiñas en Carril e Vilaxoán.

E non hai que esquecer o Sábado Inglés, do que coñeceremos máis datos este venres durante a súa presentación oficial.

Redacción Salnés