Varela critica a falla de compromiso da Xunta de Galicia con Vilagarcía

VILAGARCÍA> A piques de comezar o mes de novembro, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, compareceu ante os medios para facer un repaso de como se atopa a vila en canto a inversións, e afirmou amosarse moi descontento co trato que a Xunta de Galicia lle dispensa a oitava cidade de Galicia. Un sentimento do que tampouco se librou o PP local aos que acusou de amosar pouco interese polo estado da vila en comparación co que prestan.
Alberto Varela congregou aos medios para expresar a súa insatisfacción ante a falta de compromiso da Xunta de Galicia con Vilagarcía.
O estado da avenida Rosalía de Castro, as melloras no pavillón de Rubiáns, no cole do Piñeiriño ou a situación na que se atopa o Centro de Saúde de San Roque, son só algúns dos argumentos que utiliza o rexedor para recordar a cidadanía a falta de compromiso da administración autonómica coa vila.
Ademais Varela criticou a postura do PP local ante esta situación.
O alcalde de Vilagarcía sinalou que non se pode enganar aos cidadáns