Casais deixa o Portonovo. Carlos Vila o seu substituto

SANXENXO> A nova da xornada está na Preferente, na destitución de Luís Casais como técnico do Portonovo. Directiva e adestrador chegaron a un acordo para rescindir o contrato e este domingo xa non se sentará no banquiño. Tan só falta formalizar a súa marcha e asinar ó seu substituto, que será Carlos Vila.

De mutuo acordo a relación entre Luis Casais e Portonovo finalizou esta semana. Hoxe o técnico asinará o finiquito, mentres que no campo xa estará dirixindo ó equipo o seu substituto, Carlos Vila, acompañado de Iago Iglesias, que sí seguirá como técnico axudante.

A historia é ben sinxela: Casais agardaba máis de xogadores e club e a directiva priorizou o aspecto económico, se ben se opina dende as oficinas de Baltar, que se podía ter feito moito máis. Para iso chega Carlos Vila, para tratar de relanzar ó equipo. A pinga que colmou o vaso para Casais foi a baixa dada esta semana a tres homes importantes: Moi, Chichi, e Cristian, por motivos económicos propiciados tamén por un baixo rendemento de todos eles. A esta baixa habería que sumar a de Aarón, que está lesionado, non reaparecerá no que resta de temporada e perdonará os últimos meses de cobro.

Os xogadores terán que lidiar con esta situación convulsa para recibir ó Celanova. Levan cinco xornadas sen gañar, polo que se non queren verse metidos na zona perigosa deben sacar o partido adiante.

O choque máis interesante da xornada na Preferente é o que van dipustar Choco e Ribadumia, segundo contra cuarto clasificado. Momento clave da temporada para os de Pablo Vázquez que de gañar meteríanse de cheo na cabeza, mentres que de perder, alonxaríase do soño do ascenso. O campo de Santa Mariña é sen dúbida o máis complicado da categoría. Os redondeláns non prederon este ano e en 13 encontros tan só cederon dous empates, iso sí, ante dous do Salnés, Arosa e Céltiga. Iván Renda é baixa nos aurinegros por sanción.

Se ten que sumar o Ribadumia, tamén o debe facer o Céltiga para non descolgarse. O problema para os de Manuel Núñez esta semana é dobre. Un, o rival, o Pontevedra B, que tras golear ó Arosa e plantarlle cara ó Barbadás, chega no seu mellor momento da temporada. O segundo inconvinte, máis grave, é a cantidade de baixas coas que acuden á cita os da Illa. Beni, Jacinto, Juanito, Eugenio e Ferreiro, cinco homes titulares, están todos eles sancionados.

Redacción Salnés