A Pobra acollerá este sábado o Campionato Galego de Marcha en Ruta

POBRA> A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, reunirá ó redor duns 120 atletas sumando tódalas categorías en competición.

Máis dun cento de atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia achegaranse este próximo sábado á Pobra do Caramiñal para participar no Campionato Galego de Marcha en Ruta. Unha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, e que conta tamén colaboración do Concello.

A carreira na que tomarán parte tódalas categorías, dende sub-10 a master, tanto masculinas coma femininas, arrancará ó redor das cinco da tarde por un  circuíto habilitado ó longo da fachada marítima.

Entre os favoritos para levarse a vitoria final na categoría absoluta figuran os irmáns Chamosa, Daniel e Antía, da Ximnástica de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí