Excelente xornada para Viajes Interrías e Grupo Junquera

futbolsala250_170209.jpgSALNÉS> Fin de semana fantástica para os equipos do Salnés. O Viajes Interrías goleou ó Arzúa en Baltar e aproveitouse da victoria do Grupo Junquera sobre o Cesuras para abrir oco co segundo clasificado.

Foi unha xornada perfecta, coa que soñaban Viajes Interrías e Grupo Junquera durante a semana. Os vilagarciáns acadaron unha boa dose de moral para afrontar os vindeiros encontros con maior confianza despois de gañarlle ó perseguidor dos portonoveses, o Cesuras.

O Interrías será polo tanto líder como mínimo quince días máis, pase o que pase a vindeira xornada. E é que a semana que ven tócalles descansar e verá recurtada probablemente a súa diferencia actual de cinco puntos sobre o segundo.

O partido do sábado non tivo demasiada historia. Enfrontábanse o líder contra o pechacancelas. O máximo goleador contra o que máis goles encaixa, e o resultado reflectíu esa gran diferencia entre Barbeito e Arzúa (10-2).

Os portonoveses non tardaron en decidir o encontro ó seu favor e puxéronse 4-0 ó descanso, dominando por completo a un rival que se adicou a aguantar o chaparrón metido nos últimos dez metros do seu campo.

A segunda metade seguíu polos mesmos derroteros ata que o Barbeito relaxouse un e propiciou a tímida reacción do Arzúa que aproveitou para non irse de vacío e anotar dous tantos.

En Fontecarmoa o Grupo Junquera sí que tivo que traballar moito máis a victoria ante o Cesuras (6-3). Gran partido dos de Juancar que se tomaron a súa particular revancha polo encontro da semana pasada no que erraron innumerables ocasións de gol.

Desta volta aproveitaron as que tiveron e dominaron a un rival que non renunciou á victoria en ningún momento. Dende o minuto dous, co gol de Marcos, o dominio no electrónico sempre foi dos vilagarciáns, que se foron 3-1 ó descanso e logo mantiveron e incluso ampliaron esa renta.

O Junquera é quinto da xeral, aínda que está lonxe dos dous primeiros clasificados.

Redacción Salnés