O PSOE reclama aparcamentos novos antes de remodelar rúas

    psoe_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O PSOE reclama ó goberno municipal que cree primeiro novas prazas de aparcamento antes de remodelar as rúas do casco urbano.

    {flowplayer}images/salnes/psoe_vilagarcia_trafico.flv{/flowplayer}

    Os socialistas refírense á nova medida anunciada polo equipo de Tomás Fole que afectará á Avenida da Mariña. O PSOE ofrécese incluso a achegar ideas ó Concello, inda que lembra que o PP levaba no seu programa electoral nas Municipais unha proposta para crear mil prazas de aparcamento no primeiro ano de goberno.

    Os socialistas propoñen abrir o párking posterior de Fexdega ou mesmo os do Lidl e Día polas noites. Conseguidas máis prazas de aparcamento, o PSOE propón ó goberno local a dobre circulación na rúa Alexandre Bóveda, para aliviar o tráfico da Praza de Galicia.

    O PSOE tamén falou da ordenanza de terrazas. Piden a Tomás Fole que sexa serio e que non faga unha ordenanza condicionada a ser modificada se hai novos hostaleiros.

    Redacción Salnés