O día 29 será a manifestación comarcal contra a Lei de Saúde

    VILAGARCÍA> A plataforma da Sanidade Pública sairá á rúa o día 29 nunha gran manifestación contra a reforma da Lei de Saúde da Xunta, que elimina a área sanitaria ó Salnés para convertela nun distrito. Esta mañá celebrouse a última das concentración fronte ó centro hospitalario, mentres o PSOE levaba o tema ó Parlamento Galego . Esta mañá celebrouse ás portas do Hospital do Salnés a última das concentracións que se veñen realizando cada mércores contra a reforma da Lei de Saúde Pública, por considerar que afectará ós traballadores e pacientes do centro comarcal, ó eliminar esta área sanitaria. O motivo, é que a partir de agora a Plataformas pola Saúde Pública do Salnés, dedicará todo o tempo e esforzo a informar á cidadanía e asociacións da situación, e xestionar tódalas iniciativas e material informativo a levar a cabo, sobre todo, a manifestación comarcal do próximo día 29 de setembro. Aínda que o partido popular expresou esta semana que a Lei garante a autonomía do Salnés, eles aseguran que é mentira. Esta mesma mañá o PSOE levou unha pregunta ó parlamento galego solicitando a paralización do borrador, a través do seu voceiro Xoaquín Fernández Leiceaga. Á cámara tamén asistiu a voceira da Plataforma, e varios alcaldes afectados, entre eles, o de Vilagarcía. A manifestación comarca do próximo día 29 sairá ás oito e media da tarde da casa do mar de Vilagarcía.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí