O IGAPE aproba o prego de condicións para adxudicar Alfageme

    guerra_alfagemecopy.jpgCAMBADOS> Así llo comunicou esta mañá o Conselleiro de Economía e Industria ós sindicatos (CCOO, CXT e CIG) na xuntanza mantida en Exposalnés.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_CONSELLEIRO_ALFAGEME_080812.flv{/flowplayer}

    Tralo pago dos avais de Alfageme por parte da Xunta, esta mañá tiña lugar o desexado encontro dos tres sindicatos, CCOO, CXT e CIG, co Conselleiro de Economía e Industria para abordalo conflito da compañía.

    Na xuntanza tamén estaban presentes varios alcaldes da comarca. Alí Javier Guerra informou que hoxe o Consello do IGAPE aprobou un prego de condicións, que xa foi transmitido ó xulgado, para nun prazo de quince días, desde a súa publicación, os interesados presenten as súas propostas para a compra das fábricas de Ribadumia e Vilaxoán e a marca Miau.

    Entre os requisitos: ter unha antigüidade no sector conserveiro de a lo menos dez anos, manter os 150 postos de traballo durante cinco anos e cumprilo compromiso de non vendelos bens durante dez anos. Con isto, desde a Xunta pretenden dar viabilidade á pranta, ós 150 postos de traballo e evitar así propostas especulativas.

    Vencido ese prazo de quince días, a Xunta en cinco días comunicará ó xulgado a proposta que consideren máis adecuada. Aínda así, a última palabra a van ter os administradores concursais. En paralelo, Guerra confesou que están estudando como iniciar accións legais contra os taxadores dos bens da compañía que no seu día valoraron en 37 millóns de euros.

    Pola súa banda, os tres sindicatos con representación en Alfageme, CCOO, CXT e CIG, fixeron unha valoración positiva da reunión, aínda que dentro da cautela. Non está todo solucionado, sinalaron, e haberá que ver como transcorren os acontecementos.

    Tódalas partes agardan que a mediados de setembro se poida asinar o contrato de compra venta das conserveiras.

    Redacción Salnés