As curtas de animación infantil chegan A Illa

    curtasrapaces100__jpg.jpgA ILLA > Os máis pequenos da vila puideron disfrutar de cinco curtas de animación galegas que o concello, a través da Consellería …

    … de Cultura e Deportes, incluíu no seu programa de Nadal. O obxectivo da iniciativa titulada Curtas no Nadal 2007, é crear un circuíto de cinema alternativo ó das salas comerciais que vai a percorrer tódalas comarcas da comunidade.

    O proxecto, coordinado e xestionado pola produtora e distribuidora Mister Misto, pretende vertebrar unha programación regular nas vilas e concellos das curtametraxes feitas no noso país, dadas as dificultades deste xénero de chegar ás salas de cine e á pequena pantalla. Desta vez, e dentro do programa Curtas no Nadal do concello de A Illa, exhibíronse cinco curtametraxes dedicadas ós máis cativos. Para os pais esta é tamén unha boa iniciativa para entreter dun xeito divulgativo, ós máis pequenos da casa.

    As curtas exhibidas hoxe foron Carne de Cañón, O Muíño abandonado, o castelo da meiga, o pesadelo de Florián e a flor máis grande do mundo. Mañá a proxección destas e outras curtas chegará ó centro comarcal do Salnés. Será a partir das seis tarde. Logo tamén haberá unha proxección específica para o público infantil o sábado ás once e media da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/curtasilla.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés