RIBADUMIA> O Club Náutico O Muíño foi o gran triunfador da sexta Festa do Deporte de Ribadumia. A entidade foi recoñecida como mellor club deportivo e tamén se fixo coas distincións de mellor equipo masculino e femininio. En total, repartíronse catorce premios, nunha gala que serviu para reivindica-los valores do deporte dentro das entidades deportivas do municipio.
Ata en tres ocasións soou o nome do Club Naútico O Muiño. A entidade foi a gran protagonista da sexta edición da Festa do Deporte de Ribadumia. Obtivo os galardóns de mellor club deportivo, mellor equipo femininio e mellor equipo masculino.
En total repartíronse 14 premios a entidades e deportistas locais e de fóra do municipio. Todos eles teñen en común unha cousa: son exemplo deportivo e promotores dos seus valores.
Á gala, celebrada no auditorio de Ribadumia e conducida por Pepo Suevos, achegáronse representantes da Mancomunidade do Salnés, da Xunta ou da Deputación de Pontevedra. Todos, na mesma liña, aplaudindo o esforzo individual e colectivo das entidades deportivas ribadumienses.
E dende o concello, impulsor desta festa, aproveitaron a ocasión para animar aos deportistas e equipos a seguir traballando na mesma liña.
Daniel Gondar e Ainoa Feijóo foron premiados como as mellores promesas deportivas de Ribadumia. Os premios a mellor deportista ribadumiense foron para Celestino Iglesias e Alba Vázquez. Na categoría de non ribadumienses: Manuel Fontán e María Pérez. Ademais, outorgouse unha dobre mención especial a Celestino Iglesias e Dositeo Valiñas pola súa labor a prol das persoas que promoven os valores deportivos.