A valguesa Rosa Crespo gaña a Camelia de Ouro

    camelia_ouro100.jpgVILAGARCÍA> Un total de trinta cultivadores presentaron na Praza da Peixería de Vilagarcía as súas flores nesta edición número 48 do Concurso Exposición da Camelia.

    {flowplayer}images/salnes/camelia_vilagarcia_2012.flv{/flowplayer}

    E entre os mellores figura a veciña de Valga Rosa Crespo, que recibiu a Camelia de Ouro por presentar o conxunto de variedades máis destacado por número e calidade.

    En canto á flor individual máis destacada, recibiu o premio especial Antonio Odriozola Edmundo Novoa. Elena Vaquero e Jamie Escofet foron premiados pola mellor presentación artística, mentres que o premio especial da Sociedade Española da Camelia foi para José Freire.

    A organización recoñeceu tamén a outros 16 cultivadores, nun total de sete categorías e tamén ós escaparates da vila mellor ornamentados. E todos eles recibiron como detalle un gravado de Anxo Pastor. Na entrega dos premios participaron, entre outras autoridades o presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vilagarcía.

    Foi unha das edicións máis concorridas dos últimos anos, pero tamén a máis económica, xa que a súa organización supuxo pouco máis de 13 mil euros, tres veces menos que na última celebrada en Vilagarcía, en 2010.

    As xeadas dos últimos meses non puideron coa fortaleza das camelias e, nesta edición vilagarciá os cultivadores presumiron da beleza das súas flores. Uns agasallos da natureza que volverán a exporse na capital arousá dentro de tres anos.

    Redacción Salnés