Globos azuis para o Día Mundial do Autismo

    VILANOVA> Mañá día 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, unha efeméride que en Vilanova quixeron conmemorar hoxe. Na praza do concello, alumnos do colexio Xulio Cambada soltaron decenas de globos azuis, a cor deste día. Respecto, inclusión ou tolerancia, foron algunhas das mensaxes que lanzaron.

     

    Vilanova conmemorou esta mañá o Día Mundial do Autismo. Cunha solta de globos azuis, o concello púxose do lado das persoas que teñen este trastorno.

    A Praza do concello foi o escenario do acto. Alumnos do colexio Xulio Camba deixaron voar os seus globos, cheos de mensaxes de respecto, ilusión e tolerancia.

    No acto tamén estivo representada a Asociación Bata. O seu directivo Mario Trigo pasou unha testemuña simbólica ao alcalde vilanovés, para contar coa súa colaboración no traballo diario da entidade a prol da integración destas persoas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/solta_globos_autismo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/solta_globos_autismo.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí