![]()
VILAGARCÍA> A asociación de comerciantes Zona Aberta, de Vilagarcía, sorteará 300 euros en vales compra o vindeiro día 20.
{flowplayer}images/salnes/pai_zona_aberta_2012.flv{/flowplayer}
É o premio especial da nova campaña do Día do Pai. Os establecementos asociados repartirán estes días boletos que deberán cubrir os pais e o día 20 ás oito e media da tarde coñecerase o nome do agraciado.
Na campaña deste ano, as tendas asociadas a Zona Aberta tamén farán descontos do 19 por cento en algúns artigos os días 14 e 15, co ánimo de incentivar as compras previas ó día de San Xosé.
Nesta ocasión, os carteis da campaña, en torno a 250, que se exhibirán nos escaparates foron elaborados por alumnos de cinco anos dos colexios de Vilagarcía, coa colaboración das ANPAS. Na campaña colaboraron ademais, o Concello de Vilagarcía e NovaGalicia Banco.
Redacción Salnés





