Ethel Vázquez confirma a reunión con Varela e as promesas de saneamento

    VILAGARCÍA>

     

    A conselleira de Medio Ambiente comprométese a continuar co plan de saneamento de Vilagarcía prometido polo seu antecesor e garantir a mellora da calidade das augas da ría de Arousa. Ethel Vázquez confirmou esta mañá a Canal Rías Baixas que xa recibiu a solicitude de entrevista realizada polo alcalde de Vilagarcía e que en breve se reunirá con el. O encontro urxe, máis cando estes días un vertido en Carril está a aumentar o malestar de veciños e bañistas.

     

     

    O domingo os bañistas que desfrutaban dunha xornada de sol e praia en Carril atopáronse cun desagradable olor que manaba dos baixos do paseo marítimo. Un vertido incontrolado que desde entón mantén a atención de veciños, que aínda esta mañá se queixaban pola frecuencia coa que suceden estes episodios. Desde o concello apuntan a que Augas de Galicia non pasará a velo ata o xoves, pero todo parece indicar que procede dalgunha conexión irregular ou defecto na rede de saneamento. O episodio prodúcese uns días despois de que o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, solicitara á conselleira de Medio Ambiente unha reunión para pedir que se retomen os compromisos feitos hai dous anos en Vilagarcía polo seu antecesor, Agustín Hernández. Prometera estender a rede de saneamento na cidade e investir na mellora da ría. Esta mañá a nova conselleira, Ethel Vázquez confirmaba que recibiu a solicitude do alcalde e que esa entrevista terá lugar en breve.

     

    Apunta tamén Vázquez a que o saneamento da ría é unha prioridade para a súa consellería, e que mantén os proxectos apuntados polo seu antecesor, aínda que se afondar máis.

     

    Segundo o alcalde Alberto Varela, Agustín Hernández comprometera hai dous anos uns oito millóns de euros de investimento para a renovación da rede na cidade. Esta mañá a súa sucesora non afondou en cifras.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/ethelvazquez.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/MEDIOAMIENTE_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}