O Diario de Arousa recoñece ós Arousáns do ano 2011

    VILAGARCIA> O Diario de Arousa está de aniversario. Cumpren unha década de existencia; unha data que quixeron celebrar por todo o alto cunha gala…

    {flowplayer}images/salnes/arousans_do_ano_2012.flv{/flowplayer}

    … cun recendo a glamour. O baile e o desfile de persoeiros históricos do mundo do espectáculo internacional sobranceou aínda máis o acto de entrega dos galardóns Arousáns do ano. Neste evento recoñeceuse a labor levada a cabo durante o exercicio anterior do 2011 por un total de once personalidades e entidades. Recoñeceu a labor da Asociación Por Dereito do Salnés e a iniciativa cidadá por Paula, no eido da acción social; ó carrilexo Manuel Diz e a Xosé Lois Axeitos, no apartado da cultura; á empresa Vitaldent e á nadadora María Vilas nos deportes; a Semana Santa de Paradela en Turismo, ó Instituto caldense Aquis Selenis en Educación; e a Franco Quintáns e o Consorcio do Salnés en Economía. O galardón Arousán de Honra a toda unha traxectoria foi para o empresario Ramiro Carregal Rey, tras celebrar o cincuenta aniversario da empresa Conserveira Frinsa del Noroeste, S.L.

    Estes premiados recibiron o recoñecemento do público da Arousa e tamén do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que aproveitou a súa presencia nesta gala para gabar a labor destes once premiados, especialmente nestes tempos de crise. Uns tempos estes de dificultade, nos que cobra aínda máis relevancia a resistencia de medios de comunicación comprometidos co entorno, como é o caso do Diario de Arousa. Núñez Feijóo amosou o seu interese durante o desenrolo desta gala do caso de Paula, a pequena nena boirense que adoece de axenesia sacra e que espertou unha tsunami de solidariedade en toda Galicia nos últimos meses.

    Mais aló dos recoñecementos, os asistentes desfrutaron dunha intensa velada con música e actuacións a cargo de nomes como os de Pablo Méndez, Roi Casal e Silvia Ferre, baixo a dirección de Mister Misto Films.

    Redacción Salnés