Inicio das probas de circulación na rúa Víctor Pita

45

VILAGARCÍA> Hoxe púxose en marcha a proba para o carril único na avenida Víctor Pita. Unha medida que se estenderá un par de meses para coñecer si a circulación non provoca ningún tipo de problemas.

A rúa Víctor Pita será de carril único dende este xoves ata dentro de un par de meses para comprobar que a circulación alterna non provoca ningunha problemática. Ravella concluíu esta semana as tarefas de sinalización e funcionamento dos semáforos, que a fin de contas serán os que regularan os dous sentidos de este vial.

O tramo discorre entre a depuradora de Ferrazo e o tramo final da avenida Valle Inclán. Alí hai unhas balizas e semáforos que regularan o paso.

Esta proba é a única posibilidade de realizar o paseo marítimo e o carril bicicleta ata Vilaxoán, pola estreitez de esta vía.

A intención de Ravella pasa por eliminar o carril pegado ao mar e introducir o carril bici, ademais de dotar de mobiliario urbano e elementos vexetais e de iluminación que doten ao tramo de unha maior humanización.