Cambados comeza as obras de renovación do lavadoiro de Santo Tomé

CAMBADOS> Cambados comeza as obras de renovación do lavadoiro de Santo Tomé. A actuación consistirá en arranxar as deficiencias da pía e en retirar o cemento e outros materiais que se empregaron na última reforma,  para devolvelo ao seu estado orixinal deixando a pedra á vista. A intervención ten un custo de 20 mil euros e se rematará en menos dun mes.

O concello de Cambados continúa co seu proxecto de renovación dos lavadoiro municipais. Esta semana as obras comezaron no lavadoiro de Santo Tomé, un dos máis antigos da vila e dos que máis se utiliza na actualidade.

A actuación consistirá en arranxar as deficiencias da pía e en retirar o cemento e outros materiais que se empregaron na última reforma,  para devolvelo ao seu estado orixinal deixando a pedra á vista.

O proxecto ten un custo de 20 mil euros financiado con fondos propios. A intervención tamén inclúe a mellora do tellado e das canalizacións evitando problemas como a aparición de animais na zona.

A previsión é que as obras se rematen en menos dun mes. Tras finalizar a renovación deste lavadoiro, o seguinte será o da Balsiña en Oubiña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí