Besteiro avoga en Rianxo pola defensa dos intereses da Pesca

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/reuniongomezbesteiroconfrariarianxo1601151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/reuniongomezbesteiroconfrariarianxo160115.mp4{/flowplayer} RIANXO> O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, mantivo unha xuntanza con representantes da confraría de Rianxo para coñecer de primeira man as demandas dos profesionais do mar. Na reunión abordaron a necesidade de mellorar o saneamento da ría e atallar o furtivismo así como a importancia de identificar a orixe dos produtos do mar no seu etiquetado. Os membros do cabildo da confraría de Rianxo trasladaron ó líder dos socialistas galegos os principais problemas que afectan ó sector. A falla de saneamento que inflúe na baixa da produtividade das rías e o furtivismo foron os principais temas que abordaron durante a reunión do traballo. Gómez Besteiro amosou o seu compromiso coa posta en valor das rías galegas que son competencia única da comunidade polo que esixe unha maior capacidade de decisión ante Madrid e Bruxelas. Neste sentido, esixe tamén á Xunta de Galicia un maior compromiso na defensa dos produtos galegos como o mexillón, en referencia á inclusión da procedencia dos produtos no etiquetado das conservas. A visita de Besteiro enmárcase na rolda de contactos dos socialistas cos representantes dos sectores produtivos claves para Galicia como a pesca, a gandería ou o sector forestal.