Un ‘bookcrossing’ para converter Cambados nunha gran biblioteca

    fotodialibrocopia.jpgCAMBADOS> O Día do Libro Infantil únese ó de Concienciación sobre o Autismo para lograr un doble obxectivo; fomentar a lectura e visibilizar esta doenza.

    {flowplayer}images/salnes/DiaLibroInfantil.flv{/flowplayer}

    Abril, libros mil. Este é o lema da Biblioteca Municipal de Cambados que esta mañá puxo en marcha actividades de tódolos tipos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Celebración que coincide ademais co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que tamén ten lugar hoxe, día dous de abril.

    Aproveitando a coincidencia do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a Biblioteca Municipal de Cambados levou a cabo diferentes actividades cun dobre obxectivo. Por unha banda, fomentar a lectura entre os máis cativos e pola outra, facer máis visible unha doenza que afecta a 1 de cada 150 rapaces que nacen na actualidade. Conta contos, pictogramas e mesmo un karaoke, unha xornada posta en marcha polo Concello de Cambados e a Asociación Por Dereito.

    Os obxectivos inclúen o fomento da lectura. Amosándoa como un divertimento e parte dun xogo que acaba enganchando ós máis cativos, por exemplo contar un conto a través de debuxos. E dentro deste xogo entra tamén unha nova iniciativa que se porá en marcha este ano, con motivo deste Día Internacional do Lobro Infantil, un bookcrossing que pretende sacar a biblioteca á rúa.

    As prazas e os xardíns de Cambados están a ser adornados con globos azuis, por esta a cor que representa ó autismo. Trátase así de dar visibilidade a esta doenza e transmitir unha mensaxe de tranquilidade e apoio ás familias.

    Redacción Salnés