Galicia recibirá 1700 millóns de euros dos orzamentos do Estado

    pp_orzamentoscopy.jpgPONTEVEDRA> O goberno prevé un axuste de 27.300 millóns de euros. Aínda así, segundo a senadora Dolores Pan, Galicia sairá beneficiada.

    {flowplayer}images/salnes/PPPresupostosEstado.flv{/flowplayer}

    Galicia é a segunda comunidade que maior inversión recibirá neste 2012, só por detrás de Andalucía e a única, xunto co País Vasco na que o gasto se incrementa.

    A secretaria provincial do PP Begoña Estévez fixo unha valoración destes presupostos, acompañada polos deputados e os senadores populares desta provincia. Unha valoración que se centrou en tratar de transmitirlles ós cidadáns a mensaxe de que estes son uns presupostos necesarios para cumprir o obxectivo do déficit e que poderían ser distintos se a herdanza recibida do anterior goberno socialista fora distinta.

    Austeridade como instrumento fundamental, segundo os populares, para a redución dun déficit que está dous puntos por enriba do que o partido socialista viña dicindo. E con esa austeridade preténdese facer un axuste de 27.300 millóns de euros.

    Tanto deputados como senadores, aseguraron tamén que non se trata duns orzamentos que o PP queira presentar, senón duns presupostos que están obrigados a facer.

    Devolver a credibilidade ás administracións e estimular actividade económica amais de impulsar a creación de emprego. Estes son os obxectivos, segundo Paz Lago. Tamén aseguraron os populares que a pesares de ser os presupostos máis duros da democracia, non deixan de responder ás necesidades dos cidadáns.

    E dentro de todo isto, son as infraestruturas as que se levan boa parte deses mil setecentos millóns de euros destinados a Galicia, case mil seiscentos. Deles boa parte van dirixidos á chegada do AVE. Para os populares estas cifras demostran o compromiso da ministra de Fomento, Ana Pastor coa que é a súa cidade.

    No que se refire ó Salnés, é o Porto de Vilagarcía o nome que soa dentro destes orzamentos, concretamente as melloras no peirao de Ferrazo e a liña ferroviaria ata Comboa.

    Redacción Salnés