NOIA> A Marea Cidadá de Noia propón a posta en marcha dun plan de conciliación que permita ás familias recuperar paulatinamente a normalidade.
A reincorporación de moitos traballadores que traerá consigo o fin do estado de alarma suporá tamén un problema para as familias á hora de conciliar. Dende a Marea Cidadá de Noia propoñen a posta en marcha de campamentos de verán para os nenos, con grupos reducidos e horarios flexibles.
Estas alternativas de ocio para o verán supoñen tan só o primeiro paso dun plan integral que propoñen durante todo o ano.
Ademais de facilitar a conciliación, dende a Marea destacan o beneficioso de promover estas actividades para favorecer a socialización dos máis pequenos trala etapa de confinamento.