RIANXO> Rianxo inicia este xoves catro días de celebracións na honra da virxe do Carme. Entre os actos máis destacados do programa cómpre citar a tradicional procesión marítima que este ano inclúe en encontro no medio da ría coa Virxe do Carme de Carril e de Vilaxoán.
Un espectáculo de circo inaugura mañá a programación das festas do Carme de Rianxo. Enmárcase no RianClown que prevé unha actuación diaria dirixida a público familiar. Ademais das actividades para os máis pequenos, a música ocupa un lugar destacado na programación festiva con concertos de bandas de música, grupos tradicionais e orquestras.
O día grande será o domingo cun mercado de artesanía e a tradicional procesión marítima que este ano inclúe un encontro moi especial no medio da ría.
O concerto de Treixadura porá o broche final a estes festexos que, dende o concello, agardan que contribúan a atraer gran número de visitantes a esta vila mariñeira.