O entorno da Armenteira lucirá nova imaxe o día da Romaría das Cabezas

    obras_armenteiracopy.jpgMEIS> O fará grazas ás obras de mellora que se están levando a cabo no entorno do Mosteiro da Armenteira e na estrada de acceso ó mesmo.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_ARMENTEIRA.flv{/flowplayer}

    O entorno do Mosteiro da Armenteira ofrecerá unha nova imaxe a todos aqueles que se acheguen ata alí o vindeiro luns, día da celebración da Romaría das Cabezas. O fará grazas as obras que a Deputación de Pontevedra, en colaboración co concello de Meis, está a levar a cabo na zona. Estas consistiron na mellora, urbanización e acondicionamento do contorno do Mosteiro e na mellora da estrada provincial Gaiás-Armenteira.

    Aínda que quedan traballos por facer no entorno do Mosteiro, Louzán confesou que están satisfeitos co resultado e destacou que están a cumprir co seu compromiso firme coas obras previstas e co desenvolvemento e potenciación da Armenteira.

    Así mesmo, presentouse un folleto turístico de peto que inclúe un detallado mapa de catro rutas de sendeirismo accesible na comarca: a Ruta da Pedra e da Auga, a Ruta do Río Chanca, a Ruta do Río San Martiño e a Ruta do Río Umia. Trátase de ofrecer ós visitantes, segundo Louzán, información detallada sobre máis de trinta quilómetros de sendas sinalizadas.

    Outras das actuacións que se levarán a cabo proximamente é a colocación dunha nova iluminación exterior e o acondicionamento do adro da igrexa do Mosteiro da Armenteira. Nesta obra, a Xunta investirá catrocentos mil euros grazas a un convenio asinado coa Deputación de Pontevedra.

    Redacción Salnés