Sushi ó estilo galego para dinamizar o sector pesqueiro

    fotosushicopia.jpg PORTONOVO> A Confraría acolle dende onte a segunda edición das xornadas técnicas de pesca e gastronomía. A cociña xaponesa foi o prato forte.

    {flowplayer}images/salnes/DemostracionCulinariaGac.flv{/flowplayer}

    Estas xornadas comezaron onte e desenvolveranse ata mañá mércores na sede da Confraría de Portonovo e son presentadas polo periodista Sergio Pazos.

    Están organizadas polo Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra, que pretende con esta iniciativa, dinamizar e mellorar a comercialización do Peixes coma a xarda, que foi nesta demostración de cociña xaponesa o produto estrela.

    O sushiman do restaurante Sushidaki de Pontevedra realizou distintos tipos de sushi e sashimi para mostrar a tódolos asistentes unha maneira diferente de degustar os peixes da ría.

    Estas xornadas van dirixidas ó sector pesqueiro e ó sector da hostalería e ademais de mostras e degustacións inclúen tamén distintas conferencias, nas que se abordan temas coma a identificación xeográfica protexida ou a hixiene na cociña.

    Redacción Salnés