![]()
CALDAS> O Concello remitiu a Sanidade os planos dun terreo de titularidade municipal para situar alí o novo centro de saúde.
{flowplayer}images/salnes/centro_saude_caldas.flv{/flowplayer}
CALDAS> O Concello de Caldas acaba remitir á Consellería de Sanidade os planos dun terreo de titularidade municipal para situar alí o novo centro de saúde da localidade.
A parcela, coñecida como Finca da Tafona está no centro do casco urbano e conta con tódolos servizos urbanos. Ten máis de 24 mil metros cadrados de superficie e o Concello cedería para o centro de saúde uns 1.100 metros cadrados. O alcalde, Juan Manuel Rey, ten solicitada unha entrevista con Pilar Farjas que aínda non se realizou e espera que agora Sanidade avance neste proxecto.
O asunto foi recollido polo grupo parlamentario socialista nunha proposición non de lei. O PSOE recoñece que o Concello iniciou os contactos con Sanidade xa na pasada lexislatura, e compartida a necesidade dun novo centro, o goberno local comezou a busca de terreos. Atopados estes, os socialistas instan á Xunta a aceptalos e redactar un proxecto xa este mesmo ano.
O deputado autonómico do PP Jesús Goldar trasladaba tamén esta semana ó Parlamento galego unha pregunta para coñecer as previsións da Consellería de Sanidade sobre novo centro de saúde. Goldar tamén criticaba ó Concello a súa incapacidade para lograr esa infraestrutura coa Xunta do bipartito.
O alcalde indicou hoxe que explicará por carta ós veciños as xestións realizadas para conseguir o novo centro.
Redacción Salnés







